Fene ao día

Novas

  • O Concello abre o prazo de preinscrición para participar na Campaña de Esquí da Deputación

    O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación provincial da Coruña. Está dirixida a rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos, incluídos (cumplidos a 31 de decembro de 2019), e ofrece cursiños, estancia e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso de Fene, correspóndenlle oito prazas para a quenda do 21 ó 24 de febreiro.

  • O Concello de Fene convoca as subvencións ás familias para a adquisición dos agasallos de Reis

    O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello vén de convocar as subvencións dirixidas ás familias para a adquisición de agasallos para a festividade de Reis. Destina a esta iniciativa 3.500 euros, en 50 subvencións para outros tantos nenos e nenas por importe de 70 euros para cada beneficiari@. A publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do 12 de novembro establece a apertura do prazo de presentación de solicitudes no día de hoxe, e por un prazo de 10 días naturais.

  • O ciclo de monólogos de Fene continúa este venres coa compañía Apatacón e o seu espectáculo “Por unha peseta”

    O ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor” continuará este venres coa compañía Apatacón e o seu espectáculo “Por unha peseta”. Será a partir das 20 horas no Museo do Humor fenés e a entrada é de balde ata completar aforo, previa retirada de convite –máximo de dous por persoa- o mesmo venres a partir das 18,30 horas.

Ver máis

Axenda