Noticias

25-06-2019

Arranca a Escola de Pilotos de Drons para moz@s de entre 14 e 30 anos que promove o Concello de Fene

Un total de 25 mozos e mozas de entre 14 e 30 anos participa dende onte na Escola de Pilotos de Drons que organiza o Concello de Fene. Un proxecto divulgativo e formativo en torno ao uso dos drons e a súas aplicacións que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

21-06-2019

Festa acuática este sábado na piscina de Centieiras

A piscina municipal de Centieiras acollerá este sábado, 22 de xuño, a Festa Acuática de clausura das escolas de natación impulsadas polo Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes ao longo do presente curso. Clases nas que toman parte uns 500 nenos e nenas en diferentes quendas e que continuarán ata finais de mes.

 

 

 


 

Exhibición das Escolas Deportivas Municipais este venres no pavillón da Xunqueira

O pavillón da Xunqueira, en San Valentín, albergará mañá venres, 21 de xuño, a Exhibición de Escolas Deportivas Municipais. Unha cita que comezará ás 17 horas e na que tomarán parte os nen@s e moz@s que, ao longo do curso, asistiron ás actividades deportivas do Concello.

Así, o público asistente poderá seguir as exhibicións do alumnado das clases de judo, kárate, ximnasia rítmica, atletismo, pequedeporte, baloncesto, patinaxe e baile moderno.


A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Fene este venres e sábado

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase esta semana a Fene por partida doble. Diante do centro de saúde permanecerá este venres 21 de xuño de 15,30 a 21 horas e, o sábado 22, no mesmo emprazamento, acudirá de 10 a 15 horas. Nesta liña, dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.


Un total de 679 alumnos e alumnas dos centros educativos de Fene, Mugardos e Neda tomaron parte no programa Cinensino

Un total de 679 alumnos e alumnas de 13 centros educativos dos municipios de Fene, Mugardos e Neda participaron ao longo das últimas semanas no programa Cinensino que impulsaron os tres concellos ao abeiro do proxecto de prevención de condutas aditivas e promoción da saúde no eido local e co apoio da Consellería de Sanidade. Esta semana chegaba ao seu fin por este curso, cos últimos visionados nos centros dos filmes seleccionados (“Coco” para Educación Primaria e “Una bolsa de canicas” para Secundaria).


Axenda

Tamén en fene.gal