Novas

13-11-2019 -

O Concello abre o prazo de preinscrición para participar na Campaña de Esquí da Deputación

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación provincial da Coruña. Está dirixida a rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos, incluídos (cumplidos a 31 de decembro de 2019), e ofrece cursiños, estancia e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso de Fene, correspóndenlle oito prazas para a quenda do 21 ó 24 de febreiro.
13-11-2019 -

O Concello de Fene convoca as subvencións ás familias para a adquisición dos agasallos de Reis

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello vén de convocar as subvencións dirixidas ás familias para a adquisición de agasallos para a festividade de Reis. Destina a esta iniciativa 3.500 euros, en 50 subvencións para outros tantos nenos e nenas por importe de 70 euros para cada beneficiari@. A publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do 12 de novembro establece a apertura do prazo de presentación de solicitudes no día de hoxe, e por un prazo de 10 días naturais.
13-11-2019 -

O ciclo de monólogos de Fene continúa este venres coa compañía Apatacón e o seu espectáculo “Por unha peseta”

O ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor” continuará este venres coa compañía Apatacón e o seu espectáculo “Por unha peseta”. Será a partir das 20 horas no Museo do Humor fenés e a entrada é de balde ata completar aforo, previa retirada de convite –máximo de dous por persoa- o mesmo venres a partir das 18,30 horas.
12-11-2019 -

O Concello conclúe as obras de acondicionamento das gradas anexas á nova pista cuberta de Centieiras e do seu acceso

O Concello de Fene vén de recepcionar as obras de acondicionamento das gradas anexas á nova pista cuberta de Centieiras, en Perlío. Unha intervención orzamentada nuns 40.000 euros necesaria polo estado de deterioro das instalacións. A actuación contemplou a súa limpeza, aplicación dunha capa de fibra e formigonado. Así mesmo, os laterais cubríronse con madeira para manter a estética da recén estreada cuberta instalada polo Concello. Cuberta na que se investiron outros 300.000 euros procedentes do superávit.
08-11-2019 -

Aberta a inscrición nos obradoiros gratuítos sobre o manexo do computador e móbil

O Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas (INICE), en colaboración co Concello de Fene, impartirá un ano máis obradoiros sobre o manexo do computador e sobre o uso do teléfono móbil, totalmente gratuítos e dirixidos preferentemente a mulleres.
07-11-2019 -

As mellores tapas creativas e tradicionais poderán degustarse en Fene dende este venres

Once establecementos hostaleiros ofrecerán a partir de mañá venres as súas mellores propostas culinarias no marco do XII Concurso de Tapas de Fene, que organiza o Concello a través da Concellería de Promoción Económica e Turística en colaboración coa Asociación O Cruceiro. Será ao prezo único de 1,50 euros e o certame desenvolverase de venres a domingo ata o 24 de novembro. Será nos seguintes horarios: venres de 20 a 22 horas; sábados de 13 a 15 e de 20 a 22 horas, e os domingos de 13 a 15 horas. Un reclamo gastronómico para disfrutar do municipio.
07-11-2019 -

Arrancan as sesións do Proxecto INDIRA

Nun ambiente cheo de expectativas e inquedanzas, inaugurábase onte en Fene a terceira edición do Proxecto INDIRA, un espazo feminino de encontro e crecemento persoal. Unha primeira sesión á que asistiron 9 das 16 mulleres inscritas e que contou coa presenza da concelleira de Igualdade, Juana Barro, e da psicóloga municipal e coordinadora do proxecto, Eva Sagayo.
07-11-2019 -

O ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor” trae a Manquiña este venres a Fene

O ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor” continúa mañá venres da man do popular actor galego Manuel Manquiña. Traerá a Fene os seus “Relatos Negros” nunha función que arrancará ás 20 horas no Museo do Humor fenés baixo a dirección de Darío Autrán. A entrada é de balde ata completar aforo, previa retirada de convite –máximo de dous por persoa- o mesmo venres na conserxería do museo a partir das 18,30 horas.
05-11-2019 -

A hostalería de Fene ofrece as súas mellores tapas creativas e tradicionais

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego; o concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, e o presidente da Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro, Juan Manuel Ramos, presentaron esta mañá na casa consistorial a XII edición do Concurso de Tapas de Fene, que se desenvolverá dende este venres, 8 de novembro, ata o 24 do mesmo mes. Nel, tomarán parte 11 establecementos hostaleiros, que ofrecerán as súas propostas culinarias, ao prezo único de 1,50 euros, nas dúas modalidades propostas: a tapa creativa e a tapa tradicional.
 
04-11-2019 -

Manquiña ofrecerá os seus “Relatos Negros” este venres no Museo do Humor

Dará comezo ás 20 horas con entrada de balde previa retirada de convite –máximo dous por persoa- o mesmo venres dende as 18,30 h

 Manquiña, un dos actores galegos máis coñecidos, participará este venres en Fene no ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor”, que organiza a Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa co apoio da Deputación a través da Rede Cultural. Traerá os seus “Relatos Negros” nunha función que arrancará ás 20 horas no Museo do Humor fenés baixo a dirección de Darío Autrán. A entrada é de balde ata completar aforo, previa retirada de convite –máximo de dous por persoa- o mesmo venres a partir das 18,30 horas.